Palabras de Amauta

Monday, May 31, 2010

END ZIONISM...


XA NON SE PODE TOLERAR, EMBARGO INTERNACIONAL AO ESTADO DE ISRAEL


LIBERDADE PARA PALESTINA!!!



Amauta Castro

Girona, 31/05/10

Wednesday, May 12, 2010

ZP, A CRISE E O SISTEMA GLOBAL



Sosteño eu que esta crise non somentes incide no seu devalar e nas súas consecuencias sobre o sistema que supostamente acabaría co desenvolver histórico da economía para levalo até o seu último ( e derradeiro, para eles) banzo. Máis que mostrarnos carencias na infinda reatroalimentación da economía, mostra tamén a ineficacia do sistema democrático que se esforza en xustificar todo este engano global, e exercer desde a autoridade o cruel roubo do mandato social da maioría.

Quen decidiu esta medida? O goberno sainte dunha votación para as “Cortes Generales”? O medo da Merkel e de Sarkozy a unha grande fallida europea? ou un telefonazo de última hora do Premio Nobel da Paz Mr Barack Obama?

A ninguén se lle esquece con facilidade que alén de non fomentar recurte algún contra o sistema financeiro e as súas fraudes. Que alén de non propor ningún garante na loita contra a evasión fiscal a grande escala. Que alén de non tentar por ninguna vía que os fillos e fillas da clase obreira do Estado Español poidan desenvolverse en condicións minimamente igualitarias no seo deste sistema que adoece de humanidade. ZP, o bambi da Moncloa, ese homiño que destacou na política polo seu aspecto de boa persoa, ten agora un ramalazo facha que moitos xa percebíramos e que a outros lles custou descobrir. Benvidos pois, eles.

A crise deste mundo de grandes fluxos descoñecidos, imparábeis e ingobernábeis para as burocracias do mundo occidental, dignifica grandemente a tarefa que moitos decidimos levar a termo desde hai anos. De teimas e impenitentes avances e retrocesos, sempre guiados polo sentimento de fraternidade e razón. Porque na enormidade xa vai saindo unha voz que son moitas.

FOLGA XERAL

Amauta Castro
Girona, 12/05/10

Sunday, May 02, 2010

GUDRUN




Ti Gudrun
templo predilecto do antisistema
apostada nos retrincos orixinais do Berlin ocupado

Fas con xade pedras perfectas
para seren depenicadas nas barricadas en Unter den Linden
Ópera Nacional
pois fostes ampulosa pándiga na brétema-Alexanderplatz
campos treboentos de Qalqilia
(Fassbinder estoupa na incomprensión e berra incesante desde a DDR o teu nome)

Reedificada agora estás no petreo xardín das cancelas ti Gudrun
Desmedida en contragolpe preciso
Valedora suprema do trasno que maxestoso dispón de xustiza verdadeira
Vaste
feita lume pola aldraxe

Gudrun Ensslin co remorso agredoce da idade adolescente
acoirazada
nesa estación de outono
nesa estación de outono poñémoslle pedras ao teu cadaleito
belicosa animalaria epidérmica acusativa

Ríxida
Alumínica pendurada en mentiras
en vertical
ingrávida co sorriso crebado e o corpo –aquel marabilloso- obrigado ao descanso incerto

Intensísima ti Gudrun ousando desaparecer no baleiro inmenso da Alemaña mártir

[Rosa Rudi Ulrike Andreas]

Nestora petencémoste pasivamente á espreita pois dubido que exprese eu saudade
malia requerir o teu pasado
akkdfkdjkfjklsdk
Amauta Castro
Girona, 02/05/10

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis