THESE BOOTS ARE MADE FOR WALKING...
Non só camiñes sobre as pegadas dos devanceiros, percura o que eles percuraban
Kobo Daishi, anteriormente coñecdo como Kukai, monxe budista xaponés
Se un viaxeiro vai enchendo os petos e a mochila de fetiches a cousa soe ter visos de non ir ben. Logo de moito tentar escaparme, a miña familia acadou eliminar as miñas benqueridas botas. Unhas semellantes ás que se poden observar na foto. Non é por facer publicidade pero o feito é que nos convertimos en compañeiros de aventura.
Levaban comigo desde 2006 (penso), cando me escarallei literalmente os pés polo adoquinado de Roma. E percorreron unha boa parte de Italia e de Austria, botaron un mes a pasear por Cuba e quedaron na porta de máis dun templo en Xapón. Así que casesque catro aniños de boa camaradaxe e compaña, de adaptación mutua e de percorridos obligatorios.
Pois ben, nesta viaxe de exilios e pescudas no nosoutros, comeza a ter forma xa unha fuxida cara ao Bósforo, cara ao Istanbul da Mesquita Azul e de Topkapi. Desta volta, xa sen Orient Express, percuraremos chegar a finais do vindeiro mes de febreiro á cidade que une as especias co café e Anatolia coa vella e raptada Europa. Sabedes xa que significan as Ítacas?
These boots are made for walking,
and that's just what they'll do
one of these days these boots are gonna walk all over you.
Amauta Castro
Girona, 12/01/10
2 Comments:
Xuraría que tamén tiven unhas semellantes vai uns anos...
Por certo, escaravellando na rede atopei unha foto que seguro que che presta
http://www.anosaterra.org/seccion/album/
o que daría por escoitar unha conversa deles...
Saúdos !!!
Este foto contén moitos dos "grandes" que eu admiro ( e creo que ti tamén). De feito é a primeira vez que miro a Ferrín, Heriberto Bens e DOsinda Areses na mesma foto...:)
Saúde! E bo Ano!
Post a Comment
<< Home