Palabras de Amauta

Saturday, January 23, 2010

QUE PENSAN OS ESPAÑOIS?



Pois si, despoois dun lixeiro parón e tras comprobar que a RAG deu sinais de estar certamente viva (cun moi interesante punto de vista sobre o Decreto de Bilingüismo). Paso estes días a valorar un fragmento dun libro que caeu nas miñas mans e que paga a pena ler nun deses días de bo humor que temos todos.

O fragmento titúlase: "El español en el mundo: lengua romance y lengua universal". E vén asinado por unha tal Ana-Jimena Deza Enríquez (denótese o apelido galego, da autora). Descoñecendo á autora xulgo únicamente o escrito no fragmento e resalto algunha das frases máis gloriosas:


"A finales del siglo XV, los Reyes Católicos -tras unificar los distintos reinos- elevan a España al rango de gran potencia, lográndose de este modo la moderna unidad lingüística. Con Carlos V, España comienza a regir los destinos de Europa. E castellano, que comienza a llamarse español, se propagó entonces por Flandes, Italia y Francia, sus gentes aprendían el español con agrado y tenían a gala saber hablar castellano."


Mmmmm...A ver, que eu entenda. En que se concreta a "moderna unidade lingüística, en asoballamento? Aos flamengos gustáballe aprender español? Ui, ui, que non nos imos entender.


"Tras el descubrimiento de América por Colón y la posterior labor de los colonizadores, el español se extiende por el continente americano. Dicho descubrimiento haía abierto extensiones enormes para la propagación de la lengua castellana, y de este modo, el español se convertía en lengua universal."


Que é unha lingua universal? A miña desde logo éo, e logo a dos outros non? Fálase español en Marte? é ese o criterio para pensar que é universal?


"Los dos grandes bloques del español hoy en día los constituyen el español de España y el español de América.

Las distintas variedades dialectales del español de españa son en primer lugar las que aparecen en las zonas astur-leonesa y navarro-aragonesa, que configuran los llamados dialectos españoles históricos. Además, hay que referirse a los dialectos modernos, entre los que se cuentan: los dialectos de transisción (Murcia y Extremadura); los dialectos meridionales (andalucía y Canarias), el español de América y el español hablado en tierras españolas bilingües.

En España, junto al español -lengua oficial- coexisten gallego, vasco y catalán. Las tres últimas poseen características propias, y se practican en las Comunidades Autónomas correspondientes, en las que son cooficiales con el español."


Paréceme simplista a división en dialectos (pero penso que é cousa de resumir, así que non llo boto en cara). Pero, español de América (sen máis?), bastante simplificado tendo en conta que 3 de cada 4 falantes de español están en América. Se o meu idioma xa ten 3 bloques dialectais que non terá o español de América que se fala nun continente ben grandiño.

E o de "se practican en las Comunidades Autónomas correspondientes, en las que son cooficiales con el español". En o Catalán e o basco en certas zonas de Francia. E o galego en Estremadura, e o catalán tamén en l'Alguer, etc, etc. Non custaba tanto poñelo, non? Por certo, en ningún momento utiliza a palabra "lingua", di que somos cooficiais e chega.


"El español se extendió por América (...). En la consitución de la sociedad colonial tuvo cabida el elemento indígena y la población conservó sus idiomas originarios tanto como la lengua española se modificó según los hábitos de pronunciación de los nativos."


Debe ser que moitos de nós lemos "Las venas abiertas de América Latina" de Galeano, pero isto semella un proceso de pura harmonía. Pero a realidade, vén sendo outra. E cantos idiomas non chegaron até os nosos días?


"Mucha menos suerte ha corrido el español de Filipinas (...). Su arraigo se vio obstaculizado por la lejanía de las islas y la escasa afluencia de población peninsular (...). A comienzos del siglo XX se fue imponiendo el inglés en detrimento del español, lenguas ambas oficiales hasta que la constitución filipina impuso como lengua nacional el tagalo, dejando de serlo el español."


O texto en xeral é unha concatenación de termos que vanse intercalando case por oposición. Neste caso "obstaculizado" é o arraigo do español mentras que "imposto" é o tagalo. Arredemo e que falaba esta xente ata que chegou Magallanes por alí, pois o seu idioma. Digo eu que nonsería tan malo que o volveran falar, non? O "arraigo" veuse "obstaculizado por la lejanía de las islas y las escasa afluencia de población peninsular". Claro, iso na miña vila chámase colonialismo. Que a estratexia colonial española en Filipinas non funcionou é unha evidencia, pero as cousas teñen un nome.


"El español es un idioma homogéneo, compacto y en expansión. Su homgeneidad viene dada por la sencillez de su sistema vocálico, la amplitud del consonántico, una sintaxis fácil de reconocer y un léxico dilatado (...). Su alta comunicatividad y su baja diversidad (hablar lenguas diferentes) fortalecen y aseguran su expansión en el futuro."


O de resaltar oa sinxeleza do español mellor que llo digan a un estudante inglés ou chinés de español e a ver que opinan. Cantos verbos irregulares ten o español? flexións de xénero e número?...Meu deus!

Ah, pero non era que "en la consitución de la sociedad colonial tuvo cabida el elemento indígena y la población conservó sus idiomas originarios", agora di que hai baixa diversidade e que porén o español anda ben ghicho...Ai, ai!


Deixémolo, repito que eu estou coa análise da Academia, que semella que inicia nova xeira (inda que continuadora da anterior) pero da man doutra xente. Agardo que o Vello que sabe, leve ben o timón, o rumo, o compás e a búsola (que diría Manoel-Antonio), para que a vella gallaecia e o seu idioma poidan enxergar esa utopía da que xa levo tanto falado.

Deica!

Amauta Castro
Girona, 23/01/10

5 Comments:

At 12:21 PM, Blogger Antón said...

Que lle imos facer , non lles da para máis a cabeciña ... unha aperta nestes días de ledicia para todos os GALEGOS que non temos complexos...

Saúdos e língua !!!

 
At 11:01 AM, Blogger FraVernero said...

De España pode saír algo bo?

xD

Evidentemente, eles limítanse a predicar a súa Vulgata de verdades asumidas. Dentro desa construcción ideolóxica, o idioma seu é dende logo 'unidad de destino en lo universal', pacífica e ledamente asimilado por outros pobos que renegaron dos seus primitivos e localistas falares, e paradiso de herbas variadas...

Desmontar esa vúlgata é necesario, mais o único discurso que entende esta xente é a martelazos. Por algo os seus simboliños son o xugo sumiso e as frechiñas...

 
At 11:17 AM, Blogger amauta said...

Impenitentes compañeiros, somentes agardo que continuemos a manter "ese aceno de teimuda constancia fronte ao adverso".
Adiante!

 
At 10:01 AM, Blogger Ignacio said...

Tes un estómago de chumbo ou moito tempo para ler esas cousas. E falando de ter tempo, a muller é profesora da UNED o cal normalmente permite escribir moito, aínda que non necesariamente con propiedade!

 
At 7:17 AM, Blogger amauta said...

:)
Tes razon, vanme as drogas duras!

Sinto que non coincidiramos en Nadal. Finalmentee stiveches en territorio nacional? Non insisto nestas cousas porque sei que cando un vén de visita...A axenda satúrase.
Agardo que esteas ben, e que o ano leve cara Chicago boas vibracions!
Deica!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis