Palabras de Amauta

Thursday, February 17, 2011

5 ANOS DESTA BITÁCORA...



Dixo o poeta sen nacionalidade, que os seres humanos debiamos ser misteriosos antes que puros, e aceitarnos múltiples. Pois ben, estes cinco últimos anos son todo un exercicio de multiplicidade. Desas caras diferentes que converxen nun propio e que fan entender a miña heteroxeneidade por riba de conclusións unívocas e/ou unidimensionais. Son unha suma de exilios, de fuxidas, de vacantes, de persoas acontecidas e tamén borradas, de guerras, de viaxes.
Vinme reflectido na forza xenial da viaxe, nas linguas (nos códigos cos que nos premia a especie), algúns deles mesmo novos e que se sumaron á miña experiencia vital.
Todo isto, este novo xeito de me practicar, de habitar a existencia que dixeron algúns, é produto de Ciutat, de Ada, dos poetas que nunca morreron, das liñas ciruculares e infindas da sinxela poética.
Agardo seguir dando novas, e producindo distorsión por estes vieiros que xa non se prolongan, ou por outras que fican por abrir. Mundos propios, posíbeis-imposíbeis, un tempo de meu que se desfai na palabra perenne do xenio dos xenios, e nas novas amizades que se suman ás de sempre.
A vós, grazas, e agardo poder seguir aquí por outras tantos anos, coa mesma e única pretensión de seguir a perseguir as Ítacas e os tránsitos que nutren o cotián con espranzas de realidade.

Apertas

Amauta Castro
Girona, 17/02/11

amautacastro@hotmail.com

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis