A FUXIDA
Levaría contigo as ondas a crebar na fluencia da paisaxe
e o outono coa auga
(a floriforme angueira destece os rostros e as aves)
E non até que o xénero humano escomece a facer preguntas
inconvintes e Sísifo canse de reproducir esa escea de tolemia
que lle escoa das mans perto do obxectivo intrínseco
dunha suposta fin Principiarei a avaliar o interior do inverno
aaaaa Creremos daquela que da boa a
aaaaa redenzón e o vento entrarán nas casas
aaaaa para incidir no xeito de perforar
aaaaa as lousas
E xamais a lagoa por dicir un (o segmento) espazo no que ubicar as fobias
agochadas
que agora expoño para a audiencia
aaaaa A silicona provoca pánico por enclaustramento
aaaaa A pedra realiza soños voraces
aaaaa Os berros deben ser escritos en .html
Entón unha paralinguaxe desconectou a rede
en silenzo
Interpuxéronse núas as mulleres a beillar cunha
intelixente semiótica ou lóxica que pretendidamente amosaba (por deducción)
Tres imaxes
Ilimitadas podería ser
pero creo que con certeza sinxelas alomenos superficialmente
mais cunha inxente cantidade de reflexos descritos por min
coma cor ou veleno
En negro normalmente
abondosas tamén e de cantas maneiras
irreais
volatis
femininamente condensadas no cheiro desprendido por elas
E en posición de defensa acordei
Néboa
Túmulos darredor daquel anaco de terra tan desconcertante
sensación de separación
aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaafonda
aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaunha illa
aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaadeliberadamente precisa
A fuxida
A fuxida
por Amauta Castro
Girona, 19/12/2010
amautacastro@hotmail.com