Palabras de Amauta

Sunday, October 03, 2010

MÁIS HAIKU (KOBAYASHI ISSA)



ariake ya
asama no kiri ga
zen o hafu

Kobayashi Issa

(Lúa da mañá/arrastra sobre a bandexa/A néboa do Asama)

Acompáñanme coma sempre os haiku nas idas e voltas dos avións. Desta xeito comeza o outono, co desexo lonxano da Gallaecia máis combativa, deixo as miñas coitas na sinxeleza do haikai.


Kobayashi Issa seica esperta nunha mañá neboenta perto de Nagano (máis de 2000 metros de altitude), en Karuizawa desde onde divisa o volcán Asama unha das montañas predilectas do Xapón. O outono deposita a néboa na mañá que figura alumeada pola lúa. Na bandexa do almorzo, típica tamén, evocamos a un Issa sobre o tatami, desfruntando do arroz da mañá, do koocha quente e amargo, e do wakame nadando nos fideos soba.


Os kigo deste haiku son a néboa (kiri) e a lúa da mañá (ariake, no peoma, que é abreviación de ariakezuki).


Como marcas tamén a Lúa e o Monte Asama, dúas deidades kami presentes neste poema haiku.


Deica a vindeira, jya mata ne!


Amauta Castro

Girona, 03/10/10


Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis