Palabras de Amauta

Wednesday, March 31, 2010

LISCO, LISCAMOS...



Lisco, liscamos por uns días. Agardo que o tempo, a neve máis en concreto, repete a nosa fuxida momentánea.
Deixo nembargantes, uns versos (inacabados) sobre os que levaba un tempo a trebellar.
Teredes novas á volta. Estaremos alerta, por se fora preciso.



ACTO POÉTICO III: ESPELLOS


I

Eu son espellos

II

Unha dúas ou tres fragas de tristén e ausencia
e a férida derrota soletreada cunha dor que suplanta a fin

Iso é

III

Anuncióuse multipla e desexada /e nómade/ mesmo cambiante nos espazos xeográficos que ocupa

IV


Mais nós tentaremos sobrevivir na irrealidade
exercida
en pleno dereito ao suicidio colectivo

V

Debeu ser a tebra que xirou de súpeto ao se fechar a porta

VI

Nunha eclosión concatenada do sistema de paixóns do individuo

Abranguido na sombra coa tenrura húmida do claroscuro

Estás xónica e branca nas formas estriadas que degoiro

Absorto no mel opiáceo dos lenzos barrocos Permanezo

co xigantismo cruel das emocións crebadas

VII


E unha arregoada pálida lúa en colisión coas noites


VIII

Que me proliferas demográfica para asulagar co leixaprén calado nos muros do mundo

IX

Implicando a inocentes no silenzo posterior aos espellismos que foran fabricados por décadas

X

Ti partes estrelas de pan coa amencida e un comezo lácteo a enfriar o ceo cos vagalumes cósmicos do inverno

XI


Desfrutar do perfume subliminal dos incensos

XII

Ergues o sol coa linguaxe inexacta dos símbolos

XIII

FIN de toda especie (colectivizado o suicidio queda só o dereito á desaparición)

Expoño os métodos utilizados pola normalidade para o noso exilio social:

Destrucción dos xardíns fermosos
Alteración do son imposta pola licitación pantasmal do ruído eterno
Intimidación continua sobre os suxeitos-obxectos interditos
Imposibilidade para a mínima elección (presión-produción-aniquilación)
Aparición da catástrofe como resposta-consecuencia ao atihumanismo sistémico
Prohibición do exceso fundamentada na eliminación do verdadeiro

Porén estoupando no vento pretendo desfacer a monocromía absoluta

XIV

importa acaso algo da ausencia propia?

XV

Astroloxía poética da liquidación formal das forzas produtivas
hidrante común en casos de revolta

Tríptico da Anunciación (expoño):

* Que vivo dun xeito escuro
semellante el a un mausoleu de mármore e esquezo convencionalmente inscrito na autocensura legal de permanecer continuadamente escravo
** Que dispostos están no adro corpos soterrados nunha provisionalidade sen nome
*** Que sen cores arrepía tamén a noite

Amauta Castro
Girona, 31/03/10

amautacastro@hotmail.com

Friday, March 26, 2010

EPÍLOGO




Concepto 2 EPÍLOGO


[a aldraxe manifestada polo secuestrado segue a ser inferior á real por efecto da síndrome de Estocolmo]


Estou escrito coa intención rebelde dos manifestos

gasgfafgasfgsfgsdfgsdfgsdfgsfgpois soño para que me sexa interpretado


por Amauta Castro

Girona, 26/03/10


Tuesday, March 09, 2010

SEN TÍTULO



Fuxir dos amestrados por obriga

nunha palabra


Anonimato_


Sen voz sen nome

fabricado para ser lembrado


por Amauta Castro
Girona, 09/03/10


Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis