Palabras de Amauta

Saturday, January 19, 2008

EX LIBRIS (EGON SCHIELE II)




Onde comenzan os « ex libris », comeza a vida, -onde comezan os « alunos, os mortos vivintes.- Vivir?- Vivir quere dicir abrollar as sementes, vivir quere dicir tirar, desaproveitar as sementes para?- para outros pobres esmoleiros quizabes, para eternos alunos. Ouh, os eternos alunos! Ouh, os eternos Estados; grande se eleva o laio contra aqueles que son corpos vivos, o laio do público, do pobo, das masas, dos soldados, dos funcionarios, dos profesores, dos inúteis, dos artesáns, dos cregos, dos desexosos de igualdade, dos nacionais, dos patriotas, dos calculadores, dos homes con atributos, dos homes números.-
A variación?
Os activos e os inactivos. O Bluff é xa un feito en si na medida en que é inventado. Falar non é un feito en si, probabelmente, é un feito morto. – Cara onde voan as palabras?- O home da expresión e o artista. O vivo é único.-
Mercade!- Non cadros, non productos, non traballo, cadros? - Emanado de min - non simplemente meus. – Mercade....................Fragmentos.


Por vez segunda, fai aparición neste Palabras de Amauta, Egon Schiele. Rei da masturbación e do autorretrato, tamén poeta polo que teño noticia del (e non de todo malo).
Descubrino en verdade, no Leopold Museum de Viena (Museums Quartier) cando gocei deses xirasois mortuorios e desas tristes casas á beira do río que reducen a vals proletario o Danubio.
Hai pouco coñecín, por motivos laborais, a unha crítica de arte amiga de Peggy Guggenheim (coincidencias da vida) e biógrafa tamén dela. Comenteille o meu encontro con Schiele en Viena e os meus desexos de visitar San Lazzaro degli Armeni, visto que ela vivira non pouco tempo en Venecia canda Peggy Guggenheim. Ela, supoño que entendeu as miñas arelas de coñecemento e fixo recomendacións varias, contando entre elas a bilioteca deste mosteiro armenio
Queda feito público, consagrarei o que queda de ano ao aprendizaxe da lingua alemá (sempre e cando mo permitan os certificados oficiais de catalán) como tributo a Viena e á miña cuñada Frau Eva, bávara de nacemento e galega de vocación. E deixarei para o segundo semestre do ano unha (programada) visita á rexión do Véneto. Dela prometo traer os decadentes recendos da súa morte, e o consello libertario da Sereníssima.
Namentres, os tempos cadenciosos que marcan o proceso do mundo agardo guíen os meus días ao carón de Ada e dos que son nosos.


Amauta Castro
amautacastro@hotmail.com
Girona, 19/01/08

4 Comments:

At 3:18 AM, Anonymous Anonymous said...

Coma sempre apunto, as liñas da miña axenda baleira piden novas poesías.
En pouco tempo achegareime a outros mares pouco coñecidos. Éche o que ten ser filla do Atlántico.
Semana aillada da poesía e dos traballos, do balbordo e das ausencias.
Saúdos para Ada e para ti.Seguide a coidar dese fermoso río, o que aínda non ten auga, para un día poder navegalo.

 
At 2:16 AM, Anonymous Anonymous said...

que os transitos do oceano lle sexan propicios, antia!
Da poesia xa falaremos tal e como nos diga o rio...
Saudos

 
At 4:06 AM, Blogger Whiskeiro said...

Si señor, imos ser unha potencia mundial en estudantes de alemán. A ver se vicepresidencia fala co Instituto Goethe.

 
At 6:09 AM, Anonymous Anonymous said...

Non agardaba menos do noso gourmet particular. Seguirei con atención a súa páxina, compañeiro!
Deixo nas súas mans o de falar con vicepresidencia!
Saudos

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis