ISTANBUL
Yasamak sakaya gelmez,
buyuk bir ciddiyetle yasayacaksin
bir sincap gibi mesela,
yani, yasamanin disinda ve otesinde hicbir sey beklemeden,
yani butun isin gucun yasamak olacak.
Vivir non é motivo de risa,
debes vivir con grande seriedade
como un esquío por exemplo,
quero dicir, sen buscar nada máis alá nin máis lonxe que vivir,
quero dicir que vivir debe ser a túa completa ocupación.
Nazim Hikmet, poeta e comunista turco
Cara a porta de Oriente camñamos. Na percura, pode ser, dun imposíbel que acontez onde remata o continente e comeza Anatolia. Seica moitos (dos bos) percorreron os espazos nos que confluen os mundos antes ca nós. E que? Tentaremos reconstruir na viaxe os retrincos viaxeiros do basco-francés (e mundial) Pierre Loti, e os recendos carboníferos do Orient Express á súa chegada a Istanbul.
Agardo, submerxerme no baqlawa, no café con especias, nos vapores asulagantes do tabaco, no té vermello e sanguizo dos cafetes doutrora. E chegar de noite a Topkapi devecendo comezar novamente o día.
Saudemos con forza a viaxe.
Amauta Castro
Girona, 18/02/10
amautacastro@hotmail.com
4 Comments:
Que che vaia ben meu, a vella Bizancio é apaixoante e (tamén) contradictoria !
Agardamos polas impresións á volta,
un saudo !!
Grazas compañeiro!´Traerei novas!
Agardo que me reciba ben!
Qué envexa! Moito viaxas, eh?
Para min, Istanbul é un imaxinario que escapa dos vellos libros de Historia (sempre tiven moita afinidade co Imperio Bizantino), e máis recentemente, das páxinas de Pamuk, un grande amante e descriptor da cidade. 'O museo da Inocencia' percorre a súa xeografia como telón de fondo -non deixes de visitalo xa que estás na cidade!. Creo que tamén ten unha especie de guía literaria á cidade...
Hikmet é tarefa pendente. Teño unha antoloxía del na lista de libros a mercar un ano destes en Amazon (a traducción española en Visor non me da moita confianza, e a calidade da impresión deixa moito que desexar...)
:)
outro paseo máis,
boa viaxe, bo camiño
(A de Arán)
Post a Comment
<< Home