Palabras de Amauta

Tuesday, July 18, 2006

DÍA DA PATRIA NAS ESCALEIRAS

Non voltei a Santiago no Día da Patria. Este ano tampouco irei. Quedarei en Teis, absolutamente soa. Ollarei o mar incendiado do crepúsculo; en silencio, que ninguén me escoite, pronunciarei o nome verdadeiro de cada cousa, como un rezo. Lembrarei con raiba e con desespero o sorrir herético de Manoel-Antonio, ao que endexamais coñecín vivo. Acompañarei en espírito a Turula, que estará na cola da manifestación ás doce da mañá, nas Escaleiras da alameda de Santiago. Con ela berrarei a única palabra que non pode ser roubada, que non pode ser tocada polos políticos porque ten dentes e traba, ou morde. A palabra amnistía. Ou sexa; a palabra resplandor, a palabra nós, a palabra todos, apalbra liberdade, a palabra última.
Teis, 20 de xullo de 1981
de Dosinda Areses (Prosas Completas)

Algo cambiou 25 anos despois? Ou seguimos a berrar as mesmas palabras?

Amauta Castro, Girona 16/07/06

0 Comments:

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis