Palabras de Amauta

Sunday, April 30, 2006

Grazas pola visita, irmáns!


Soñei camiños de Ítaca Antwerpe e Capetón
en vós que habitades xalundes
Soñei de xeo os ríos as fontes os gravados no espello
e brancas baleas coma illas de Barandán e flores
porque a Nación deveu Magallanes a xirar pintando
murais de chorima trebellos fermosos do que ha vir
e será cedo

1 Comments:

At 4:08 PM, Anonymous Anonymous said...

Companheiro!
Vizosos ollos agardan os reencontros que tan só os galegos lonxe da Terra podemos axexar e viver.
Os tempos mudan e medran coma as persoas e as nacións. Catalunha é máis Catalunha contigo do mesmo xeito que Galiza é máis Galiza sabéndote lonxe porén morriñada nos teus adentros. Porque a palabra morriña naceu pare ser sentida por xente coma ti. Olla que a xente que a cuspe polos beizos adoito non é albeirada nos seus moles diceres polo contido real do seu altivo sentir. Fariseus que lixan as mans, a Terra e a lingua con folclorismos de bágoa ensaiada fronte a espellos.
Terra a Nosa!
Venceremos Nós!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis