...Y OLÉ!!!
Seica pórlle un outro obituario a estas Palabras de Amauta ditas neste caso no nome de Pepe Rubianes tería sido o acaído para estes días nos que por moitos motivos algúns o estamos a botar de menos.
Pero o conto é que non é sinxelo asumir cousas que por moi lonxe que en quilometraxe me queden non son quen de asimilar (palabra que teremos que utilizar decote nos vindeiros catro anos: asimilación).
Non tiven eu atrevimento de facer unha predición eleitoralista a modo de sondaxe a distancia do que podería acontecer no día fatídico nas terras do Antigo Reino. E tan antigo abofé, e é que xa mesmo veñen de novo os tempos de xustificación diaria do acontecido.
O feito é que teño a lonxana impresión de que o voto galego é moito máis ideolóxico do que moitos se pensaban. Reclamo porén o recendo a turbeira e alambique que anda espallar pola rede un bo amigo, e solicito que nos días vindeiros afoguemos por un intre pequeno e literario, o pensamento en líquidos gorentosos que axuden a superar o doloroso trance.
Se naquel enloitado mar moitos miramos unha xanela posíbel ao afogamento histórico do Antigo Reino, arestora podería describir coas letras da palabra Atila a podente cabalgada do eleitoralismo húnico personificado no home da gomina.
Queda dito, mil primaveras máis para Atila...y olé.
Será nestora preciso matar os ídolos para recomezar?
Amauta Castro
Girona, 02/03/09
amautacastro@hotmail.com
3 Comments:
bo comentario...e que descanse en paz Pepe rubianes
Qué en paz descanse. A mi tambien me la suda que haya muerto.
Vaites...alguén non debe entender o galego aquí.
Bicos mil!
Post a Comment
<< Home