Palabras de Amauta

Tuesday, May 08, 2007

ORGULLOSO DUN CADÁVER

Comezou en Igor Lugrís, poeta e patriota da Galiza Leste, unha aposta poética en rede por un cadáver versificado, que supoño deu varios centos de voltas pola espazo virtual galego-portugués.
Estes cadáveres (poesías nas que os actores eramos case descoñecidos entre nós) acabaron pendurados nunha exposición iniciada nas terras da Galiza Irredenta, Galiza do abrente e tamén do desencontro.
Agardecendo a inclusión dos meus versos nos cadáveres, fecho esta entrada co cadáver #51, poema que asinamos varias persoas. É unha fermosa e orixinal achega poética que principiou co verso de Igor Lugrís “Há umha certa luz incompreensível na distáncia” e que por medio de Xabier Paradelo chegou a min.
Propoño que adiviñedes cal deles é o meu verso. Grazas en calquer caso.

amautacastro@hotmail.com
Girona, 28/04/07

Há umha certa luz incompreensível na distáncia
unha palabra afogada un sinal ou desexo
que chama por nós en peiraos neboentos
que enche as nosas bocas co agre da desfeita
há um arco-íris morto no interior de um búzio vermelho

O grito da distáncia rabunha o horizonte
e nós, ciscados coma cunchas nunha praia,
coma como sen comas, a ferver,
quizais á noite me atreva a ler a túa carta
a lamberme coa túa lingua de sal

A distancia comeza os parágrafos do adeus
esta-nos a medrar a neve nas mans
podémonos declarar en folga, cantarlles aos paxaros
ou emulalos e seguir á espreita de novas primaveras revolucionarias
que principien agora sen distancia nas mans provenzais dos labores antigos

Igor Lugris
eduardo estévez
mario regueira
elvira riveiro tobío
Xavier Vásquez Freire
Ramiro Vidal Alvarinho
Mario Regueira (bis)
Daniel Salgado
Xiana Arias
Lorena Souto
David Pobra
Isaac Lourido
María do Cebreiro
Xabier Paradelo
Amauta Castro

2 Comments:

At 1:27 PM, Anonymous Anonymous said...

Carallo, gulapei gostoso o cadabre e especialmente o último grolo.
Codéase vostede con xente mui senlleira da nosa literatura e non destaca para mal entre eles.
Saúde!

 
At 1:20 AM, Anonymous Anonymous said...

Lido con resaca e os olhos meio apeghados entro no xogo proposto e aposto polo das primaveiras revlucionarias..aínda que hai algo que me descoloca...Saude!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis