Palabras de Amauta

Monday, April 02, 2007

BIOCOMBUSTÍBEIS E FAME

Somos moitos os que vimos observando como o Eixo do Mal, é dicir George W. Bush, ben desenvolvendo unha serie de accións por toda América Latina encamiñadas a potenciar o uso de novos combutíbeis de orixe vexetal.

O presidente ianqui, aopiado nesta caso polo social-reformismo de Lula e por outros presidentes do arco sul, disque tenta planificar unha producción continental de millo coa finalidade xerar etanol a grande escala. Unha aposta dirixida baixo as indicacións da industria automobilística estadounidense e que prevé para 2017 ter unha producción que substente con etanol os números da prezada maquinaria ianqui (alomenos nunha percentaxe que lles permita moderar o consumo de combustíbeis fósiles).

Sorprende, para os que nos aliñamos noutro espectro político, que o Demo teña un aceno de ecoloxismo, non si? Sorprende tamén que o eixo que xira arredor do Alba e que aos poucos viraba cara ao Mercosur teña posto tanta énfase en cuestionar estes movementos no seo da política imperial.

A solución é ben sinxela. EE.UU. precisa 132 000 millóns de litros de etanol para reducir nun 20% a súa dependencia do petróleo na súa industria de automoción. É dicir, en toneladas de millo, 320 millóns de toneladas. Neste caso unha cantidade moi por riba da producción ianqui neste sector. Mercar millo a bo prezo é a chave para sistemas políticos neo-imperialista coma o dos USA e mesmo do sistema brasileiro.

Problema: encarecimento do millo, dos espazos abertos para o cultivo dos mesmos, e a opresión/control político-militar destes recursos. Todo iso, cando o millo constitue o 27% do aporte proteínico do mundo (especialmente do mundo pobre). Alén, claro está, do problema da auga, nun mundo onde dentro de 18 anos 2000 millóns de persoas vivirán en lugares con escaso acceso á auga.

Conclusión: máis unha volta de parafuso para os pobres do mundo. Modificar o modelo de consumo dos combustíbeis fósiles, si. Afogar ao sedento, non. Comecemos, iso si, por unha boa eficiencia enerxética. Grazas.

Amauta Castro
Girona 01/04/07

1 Comments:

At 6:24 PM, Anonymous Anonymous said...

Cantos máis peóns defendan o rei e maila raíña, menos sobresaltos terán estes dous na súa vida.

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis