Palabras de Amauta

Tuesday, March 13, 2007

1848: PRERRAFAELISMO E MANIFESTO



A picture is a painted poem and those who deny it have simply no poetry in their nature
Dante Gabriel Rossetti

Supoño que foi daquela un tempo para os mitos. De seguro as cadeas de Prometeo desfacían sen rezos. Unha quenda de obreiros esvaída na néboa batuxaba lacustre nas pucharcas dos cedos. Amencidas de paso e días de restroballo. Sinxelo.


Alguén debuxou a pólvora coa que encetar a verdade.


No quattrocento as magnolias abrollaron rompentes. Se penso, inda alcanzo a enxergar a terríbel grecha. Paixón, victoria para os ilotas.

Amauta Castro
Girona, 13/03/07

0 Comments:

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis