Palabras de Amauta

Sunday, March 04, 2007

POESIA ON THE ROAD



Preferiches morrer para ver o mar completo
Olga Novo, Amar é unha india

Penso na bondade do transcorrer da vida en fuga. Arthur Cravan, seméllame un exemplo das capacidades que nunca obtiven.


Desvincallado das terras que lle naceran en Lausana, guindouse á vida desde as idades temperás que lle esgazaron do seo da conservación social.


Despois París e a Gran Guerra, Jack Johnson e a Monumental, o Labrador e Terranova, Nova Iorque, México e as súas correntes, as coitas de Mina Loy...


Afeito ás lerias noitébregas, puxo nos seus cotenos esparaveis de loita preparados para os transos vitais que nos ofreceu vitoriosos. Amor a unha existencia, digamos.


Amauta Castro
Girona, 03/03/07

0 Comments:

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis