TALLINN: CIDADE BRANCA, CIDADE VERMELLA
Nos disturbios acontecidos en Tallinn (Estonia) arredor da retirada do monumento ao Exército Vermello e a exhumación dos 13 soldados soviéticos soterrados baixo o devandito conxunto, moitos quixeron ver un conflito étnico entre a posición gubernativa e a minoría rusa.
Discrepo. Fomos, hai anos, non poucos os que trala caída do socialismo real decatamos un outro proceso dalí saínte. Da independencia das repúblicas bálticas, da separación de Checoslovaquia, etc. Fíxose evidente un auxe das nacionalidades en Europa (claro está na Europa do Leste, na Europa que era necesario fragmentar). Doutra banda quedabamos nós: galegos, bretóns, cataláns, corsos...Nacionalismos inspirados en ideosistemas sociais, en recuperacións etnico-culturais, en ecoloxías e anticolonialismos.
Dos outros nacionalismos emerxeu un europeísmo ultra. Unha readecuación desde a dereita dos descontentos populares existentes no sistema de antano. Unha dereita que loitou desde Europa por ilegalizar símobolos e partidos (lembremos que o Parlamento Europeu ilegalizou nunha mesma sesión a svástica e a estrela vermella).
Desta nova tradición emana a resposta represiva de Tallinn: 600 detidos e 66 feridos. Eliminar un símbolo da loita contra o nazismo coa humillante exhumación dos soldados soviéticos, non é unha exemplificación da tensión étnica senón da visicitude nefasta de ultraxar a memoria histórica da esquerda. Quedou claro?
amautacastro@hotmail.com
Girona, 01/05/07
0 Comments:
Post a Comment
<< Home