Palabras de Amauta

Tuesday, April 10, 2007

COPTOS EN ROMA

Nas miñas últimas viaxes puiden desfrutar de varias e diferentes formas de multiculturalidade. Os bairros turcos de Gante, o cosmopolitismo de Antwerpen, o dinamismo luminoso de Barcelona ou o africanismo europeizante de París.

Pois ben, Roma non foi excepción. Probabelmente, lonxe do que nos imaxinamos, Roma ten unha inmigración algo peculiar. Soprende nun primeiro termo o número elevado de filipinos que pasean polos arredores de Termini. Sorprende digo, mais semella razoábel que practiquen o seu fervoroso fenómeno migratorio católico na Roma capital xerárquica da igrexa.

Da poboación africana sobre sae reacialmente o tipo sudanés. Etíopes, somalíes, sudaneses... Fentes despexadas, rasgos afiados, tallas estilizadas e tremendamente proporcionadas. Orabén, nas mulleres os coloristas panos na cabeza, fixéronme pensar nun primeiro momento na abondosa e oriental creanza islámica da costa de Eritrea.

Trabucábame, nas empinadas escaleiras que levan a San Pietro in Vincoli (facede a proba se queredes) hai uns baixos comerciais que rapidamente se identifican cun centro de culto relixioso de recente creación.

Namentres vía homes entreando nel, convecíame do dito, unha mesqueita no centro de Roma. Pero o meu erro tomou corpo cando apareceron os primeiros grupos de mulleres africanas cubertas dun branco pureza, entrendo no que xa se confirmaba como algún tipo de cristianismo africano.

Á volta, despois de visitar o Moisés de Miguel-Anxo baixei polas devanditas escaleiras e non puiden reter a vista cando a multitude impedía entrar no culto aos que chegaban máis tarde. Estes últimos, arrodeaban o edificio polo exterior repetindo os rezos que lles chegaban do seo da igrexa. No interior, unha grande masa de homes e mulleres en pleno fervor relixioso. De entre as brétemas de incenso erguíase un home lizgairo e alto que dirixía o culto, mentres as masas se presignaban coa esquerda.

Semella que no suceso dos días o ser humano nos aporta o pracer do descurimento de realidades inda alleas ao noso coñecer. Queda dito, das terras de Nubia e Salomón veñen os vieiros dun deus que ultrapasa a beleza.

Amauta Castro
Girona, 06/04/07

2 Comments:

At 4:53 AM, Anonymous Anonymous said...

Non hai muito que eu mesmo me estremecín ante a historia dos fieis Asirio-caldeos e por outro lado as catacumbas de máis de 5.000 habitantes cristiáns autosuficientes.
Hai algo que fede nas nosas igrexas e fai que admire xentes doutras terras ou momentos que as ven ou verían coma se o paraíso fosen.

 
At 7:49 AM, Anonymous Anonymous said...

saudos dixen, ouh irmán!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis