A ABSURDA PERSONAXE (POSADA CARRILES, NIN MÁRTIR NIN PATRIOTA)
Un dos compoñentes da reacción organizada polos países do arco da dominación é o factor funcional que desenvolven os seus diferentes mercenarios.
Luís Posada Carriles, cidadán de nacionalidade venezuelana pero de orixe cubana, ten o nocivo record de ter participado na desestabilización dos diferentes procesos revolucionarios de centro e sur de América, e na consolidación dos rexímenes reaccionarios do cono sul (Venezuela, Chile, Arxentina, etc).
Deste suxeito temos coñecemento ultimamente pola súa liberación en territorio ianqui grazas ao apoio económico do núcleo fascista de Miami e da Fundación Nacional Cubano-Americana.
Este terror financiado, adestrado e ordeado polos USA, é o sostén de distintas desigualdades neste planeta doente de verdadeiras democracias.
Da acción fáctica da dereita máis destructiva axen distintos polinomios contrarrevolucionarios dos que Posada Carriles é somentes un exemplo.
Eu simplesmente solicito:
EXTRADICIÓN DE POSADA CARRILES
NON MÁIS CRIMES CONTRA A HUMANIDADE
Cronoloxía da barbarie en Posada Carriles:
Alineado desde 1959 coa causa da contrarrevolcuión sae de Cuba asilado por Arxentina.
Membro da Brigada 2506, non desembarcou en Bahía de Cochinos pero pasou á clandestinidade para ser adestrado pola CIA en Fort Benning
Formou parte da organización terrorista Comandos L
Foi destinado a Venezuela para colaborar coas forzas represivas da DIGEPOL e da DISIP
Organiza varios ataques en Chile e Arxentina contra funcionarios e intereses cubanos. Primeiro atentado fracasado contra Fidel Castro en Chile
Diseña un grupo parapolicial para a DINA chilena
Idea o atentado contra Cubana de Aviación no que morren 73 civís
Nos anos 80, en El Salvador actúa a prol da “Contra” nicaragüense.
Relaciónaselle co escándalo Irán Gate que vinculaba altos cargos do exército ianqui co envío de armas á “Contra”.
Segundo intento fracasado de atentado contra Fidel Castro (na Cimeira Iberoamericana de Madrid)
Triple ataque con bomba contra intereses turísticos cubanos
A FNCA e Posada Carriles reorganizan distintas facciones paramilitares en Honduras y Guatemala con financiamento de Miami.
Terceiro intento fracasado de atentado contra Fidel Castro, esta vez en Panamá
Detención de Posada Carriles en territorio USA e posterior posta en liberdade baixo fianza (sufragada pola FNCA). Actualmente tramita permiso de residencia en EEUU.
amautacastro@hotmail.com
Girona, 24/04/07
0 Comments:
Post a Comment
<< Home