Palabras de Amauta

Tuesday, January 22, 2013

ANSIEDADE



ANSIEDADE

A man que apreixa o pescozo (como cada nome sen espranza)

Ten unha raiba que esgota ollos

E un insomnio que chove

Para soster os teitos


Por Amauta Castro

Salt, 22/01/2013

amautacastro@hotmail.com


Monday, May 14, 2012

ANASYRMA #1


A miña cidade resólvese no medo

Amauta castro
Girona, 15/05/2012


amautacastro@hotmail.com

Tuesday, April 17, 2012

FUNDAR UN VRAN (AUTOMANIFESTO)






Amauta Castro é un Eu que se asenta nos versos dos meus poemas - unha tentativa de abrirse á autocomunicación - unha ficción da linguaxe - un medio desesperado de supervivencia






O exilio voluntario foime preciso para idear un distanciamento (para min sempre imposíbel) - Migración = movimento / Exilio = estado humano = ausencia






A poesía é un contradiscurso en relación inmediata coa expresividade - un pasar do silenzo orixinal á palabra






O poema realízase como texto - a oralidade é unicamente reminiscente porque o texto pode ser impronunciable - este libro non ten ritmo porque non é un canto / non hai pentagramas nestes muros - Na medida en que a poesía inicia un distanciamento do oral hai unha independización do concepto de creación e recepción dos versos






A poesía cuestiona o modelo global de produción - é unha linguaxe inmediata das cousas / non se diferencia do natural / non é un ben de consumo - a propiedade artística debe ser unha eira colectiva onde o valor de uso da arte estea por riba do valor de posesión - a poesía é un reduto externo á comercialización / Quizabes é por iso que é a única produción enteiramente libre






Atopo que hai unha insuficiencia / inoperancia dos modelos rotinarios da escrita - o hábito é un aceno repetido / e como consecuencia as enrugas - Debemos encetar logo unha poesía da motivación / contra todo principio de arte pola arte / contra toda indiferencia - de costas á sociedade das louvanzas - que adquira o recoñecemento a través da lectura - o poema viría entón determinado polo representado - autor/a = representación = lector/a






A poesía é unha totalidade crebada - un fragmento - as partes deben cambiar os significado das cousas: dando atención ao detalle / incitando daquela a unha recepción activa do poema - non hai xerarquías - somos nós que gobernamos o todo - pois cando proxectamos un fragmento poético estamos a plantexar o porvir






A virtualidade hanos achegar ao contexto real dos poemas: á súa circunstancialidade - daí a loita pola busca dun soporte axeitado para a poeticidade






Descondicionemos as palabras / ou quedarán prendidas dos dicionarios - do mesmo xeito que os poemas dos que ninguén fala decorarán os enxovais mortuorios do idioma






Retomemos as murallas - o muro é unha linguaxe petrificada que pon en relación palabra e materia - poesía: testemuña da actividade humana (porén cultura)






Fundemos pois un vran como tentativa de fuxida - sen lle coutar a paisaxe á expansiva e verdadeira poesía - porque o certo é que a verdadeira poesía fuxe - o resto non é cousa nosa






Amauta castro



Girona, 17/04/2012







Tuesday, January 24, 2012

POIESIS #1





E penso que somentes atesouramos as pedras porque son silenzo e catedral asemade

E que non houbo inda Homero que poetizara de novo as Illas



por Amauta Castro

Girona, 24/01/2012



Wednesday, January 18, 2012

Con Roland Barthes





Qué fermoso chegar aos sitios sen coñecer ninguén


sen o xuízo do preexistente




Un imperio de escrita na orixe do sol




(con Roland Barthes)





por Amauta Castro



Girona, 18/01/2012


Monday, January 02, 2012

ETNOCIDI




I




Assignificació del color de les portes obertes


Tres prunes grogues Etnocidi


Fòrmula assintomàtica de la mort



Ara que es contamina l'hivern i que Bangkok inunda les platges del Maresme


Aclarirem la foscor o augmentarem la tragèdia?




II



Els nenúfars són acudits quan inicien un vers




Potser seria més important dir misèria




III




Els incendis distreuen els ulls de la veritable pèrdua




IV



Una invasió de rius que ni tan sols volien entendre'ns


I llavors un soroll fet de tristesa


Tot dient fracassos nèmines sense cobrar hipoteques obertes a quaranta anys




V



És potser un testimoni acuós



aquell que observa les ombres i que alhora es mossega els dits




VI




Runes d'un país present


veniu si us plau cap a la claror




VII




Només vaig preguntar si vindries a la festa




VIII



Doncs ara la tormenta inicia el seu crit no per llarg temps


S'enfonsa amb la tremolor primària


que conclou amb les peces teatrals que ens alimenten


amb una lleu empenta de só estèril pronunciat a l'oïda


mentides que amb pètals s'impregnen d'una olor violàcia




Digues

digues ara que no hi havia temor




IX




M'ofega la llum clara que es desprèn d'un cel d'hivern


que ara ens fa plorar




Així


sense cap mena d'himne




Amauta Castro


Girona, 02/01/2012









Monday, November 21, 2011

MORFEMAS






Acouto os aqueloutros morfemas que van colados á túa raizame

(enténdase aquí a desespranza)




Emporiso que escoito a proeza das illas que soberbiamente saben distraer as olladas dos homes

(e só dos homes dixen)

outorgando o favor imperfeito en cen minutos

que se consomen polo uso ou pola angueira fugaz

nas paisaxes que o solpor creba

co azur e o iris da ardentía



Coutando os fíos

coutando os fíos as articulacións fican mortas inmediatamente

inmediatamente os cans os meus cans devoran

o corpo e todo aquilo que considerei a miña aldea



Si

había milleiros de rostos que

me lembraban o pánico




Amauta Castro


Girona, 22/11/2011



Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis