O MEU TOCHO CUBANO (E SEGUE...)
"48 hrs de Bloqueo equivalen a 1 año de gasto educativo cubano para discapacitados"
Lema dun panel na autoestrada Habana-Santiago
Semella que a caverna mediática mundial (e case que non fago excepcións) volve poñer o lente de aumento sobre Cuba.
Tanto El País como La vanguardia abren en moitos destes días as súas edicións con vilipendios e lerchadas varias sobre o sistema social, ético e económico da República de Cuba.
Pois ben, neste caso Quim Monzó, suposto artista da palabra é o que decide somarse "espontaneamente" ao cerco sobre Cuba. Trátase máis unha vez, da caspa alienada que segue a producir o este especímen na súa coluna en La Vanguardia. O amigo en cuestión, dá co seu verbo florido de escano mediático sobre o cantautor cubano Silvio Rodríguez.
Quero aclarar, para quen lea, que o devandito músico non me conta entre os seus seguidores máis acérrimos, e que a enardecida defensa que farei del non vén inspirada por conexión persoal ningunha coa súa obra. Síntoo. Pero cando o tatexo Monzó di que Silvio Rodríguez "ha sido la voz del régimen, el Manolo Caracol del castrismo", esquece que a súa ollada persoal rezuma un pouso barato de seguidor butaqueiro de Cine de Barrio e de Encarnita Polo. Porque que eu saiba Silvio Rodríguez non cumpliu papel mediático algún en Cuba, nin Manolo Caracol produciu máis de 3000 cancións, nin alfabetizou a ninguén, nin deu un minuto da sñua vida pola recuperación de fermosos valores humanos como a solidariedade.
Saiba Monzó, que o seu problema de dicción ou de maledición ten solución na aldraxada República de Cuba. Lugar onde os técnicos educativos traballan arreo con discapacitados, sendo pioneiros nos tratamentos en defectoloxía, herdeiros eles tamén do complexo e perfeccionado sistema de educación social de Cuba. Lugar ese, o do Caribe, onde se axuda a discapacitados a se estimular no xogo con golfiños (técnica exportada desde Cuba ao mundo), así como infindas terapias para persoas afectadas de parálise cerebral.
Saiba Monzó tamén, que a súa incapacidade para chegar máis alá ten cura en latitudes tropicais e martianas, e que quizabes poida alí compartir coa xente a realidade do que el superficialmente valora. E que por boa ou mala que sexa esa realidade, non é tan imperfecta. Mais ainda se algún troveiro cubano lle mostre acordes inalcanzábeis para o seu venerado Manolo caracol. Pois como reza o seu propio artigo, o señor Monzó éstá máis perto dos batracios que do humanismo construtivo e amábel que moitos descubrimos a unhas poucas millas náuticas da barbarie, nunha Illa que Pervive e que moitos chaman Liberdade.
Amauta Castro
Girona, 08/04/10
2 Comments:
De acordo con matices co que dis...
Eiquí che queda un enlace moi interesante
Saúdos !!!
http://www.youtube.com/watch?v=qFlLmbPKFDg&feature=player_embedded
Gostei da ligazon. Neste tema se algo teño é que non son categórico, asi que estou aberto ás túas puntualizacións.
Willy Toledo está a acadar amigos entre nós, pero penso que acabou co seu futuro laboral, alomenos por un tempiño xDD
Post a Comment
<< Home