Palabras de Amauta

Friday, July 20, 2007

SARAMAGO CHOCHEA, PORTUGAL NÃO É ESPANHA




Veño de ler no portal http://www.rebelion.org/ un artigo tirado das axencias de noticias no que Saramago vén aprofundando na súa peculiar idea de integración ibérica, dígase asimilacionismo Portugal-España.
É ben sabido que Saramago chochea, xa despois da súa escabrosa polémica con Neira Vilas (da que fomos testemuñas a través das páxinas d’A nosa terra) arredor das declaracións do propio Saramago nas que aseguraba que el non entendía que se fixera literatura na España noutras linguas diferentes do español, moitos de nós chegamos á devandita conclusión sobre o empioramento do estado mental do nobel portugués.
Despois veu o seu posicionamento cara o voto en branco, cousa que di moi pouco del. Non por ser o voto en branco unha opción negativa (nin moito menos) senón porque é o propio Saramago quen ía nunha lista eleitoral (a do Partido Comunista Portugues). Supoño que non é prato de gusto que un destacado membro das listas do teu partido saia cun posicionamento tan individualista e que dá a entender o moito que el mesmo cría no ideario eleitoral do PCP.
Máis alá, agora chega coa historia (pouco críbel) da integración ibérica, explicitamente da integración de Portugal en España (sempre e cando se tivera claro o modelo de anexión, di Saramago). Meu compañeiro e amigo gardalivros, espero teña que dicir mais dunha cousa ante tal desagradábel afirmación.
Como nacionalista galego teño que dicir unha cousa: Portugal non é España. En calquer caso é unha nación con bastantes máis séculos de historia que o Reino de España. É por iso que propoño a integración, iso si, de España en Portugal (asimilando idioma, capital, e modelo republicano).
Minus malem Portucalem rest!

amautacastro@hotmail.com
Girona, 20/07/07

2 Comments:

At 11:25 AM, Anonymous Anonymous said...

Ter teño que dicir que o autor do Memorial de convento nunca recoñeceu dabondo a súa débeda do Pessoa e do saudosismo - reaccionarios de mais para ele-,mais acontece que aqueles si apostaron por un outro iberismo. Acontece que o asimilacionismo do Nobel estase a manifestar a cotío sob feitura do españolismo máis caduco. Pardoxas da vida.Mais acho especialmente grave o que non di, o que cala. Mais lle valera tirar proveito da súa posición para denunciar atentados á liberdade de expresión como a retirada hoxe de El Jueves.

 
At 2:07 PM, Blogger Ignacio said...

Concordo coa proposta de anexionar Espanha a Portugal!

Saudinhas meu

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis