Palabras de Amauta

Thursday, June 14, 2007

ENTROIDO DO HÍO #2004



Lembras irmán o cruceiro que amencía connosco
en Hío
as luces na enseada
e a duna e a praia
cando a luz do cirio guiaba a pándiga
e eramos corrente poderosa na asemblea que accionaba
aras de soidade en Vilariño
seres mecánicos a estomballar o eucalipto na calzada
pois naquel enxeño ía o futuro profético da tradición marítima dun país
e a liberdade dos barcos capturados coma seres de Lilliput

Lembras agora o entroido con viño
e os deuses antigos que o munguían
para nós
coa noite que verquira incenso pola boca
e os camiños de Donón que transitaban mestos e rabusos
se cadra espallando a combustión dos ídolos ou sexa
María Soliña
Graña Bernardino
Joan de Cangas

E a modo lembras
despois de meses irmán
a treboada o remuíño
os desacordes lixados
da viaxe cando comezaba a noite a se albiscar
nas estrelas cando aparecían sen mar
e dos portos que eran de neve
porque todo refacía novo
poboando as persoas con costumes sorprendentes

Aos pándigos e pándigas que desfrutamos aquel entroido de 2004 no Hío, terra onde gardo eu mil celanovas e mundos particulares aos que se retorna desde a mente cada día.
Grazas.


amautacastro@hotmail.com
Girona 14/06/07

2 Comments:

At 8:07 AM, Anonymous turonio said...

Que pracer ler isto.
Todo o que aquela noite era normal e non destacou de entre o resto das cousas é o que agora lembro que a fixo especial. Non isto, nin aquilo, senón o todo do conxunto harmonioso que nos meceu ata desorientarnos aquela noite de entroido.
Seremos de novo estadea que alumee o camiño? De certo que si.

 
At 4:55 AM, Anonymous Lynna said...

Well written article.

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis