Palabras de Amauta

Monday, June 04, 2007

PERIFERIAS NEORREALISTAS



Son as palabras inacabadas nos muros os dictámenes gloriosos das periferias. A catarse mesquiña e mestiza dos pobos axuntados en angueiras comúns ou migracións baleiradas en músicas converxentes.


Estimo a cor da súa tebra, ese final de caleixón que se resiste ás saídas. Esgotado, o seu tempo aliméntase dos parques e da gaiola miserábel do bairro. Soidade en desalento, desprezo dos días coitados coa arela da fuxida que non chega e que nembargantes soletrea os nomes dos arrabaldos ceibes que arestora describo.


Non sei, un terreo fabuloso onde subsiste a caste que sostén as pedras do retorno.

amautacastro@hotmail.com
Girona, 03/06/07

1 Comments:

At 12:28 PM, Anonymous Anonymous said...

Desde as casopas da ruela do Pino, Canadelo, nos anos 50, até as fabelas inzadas de desprazados das Minas Gerais, a rúa en Baia de Todos os Santos da miña aldea, os arrabaldos cheiran a comezo e fin. A pausa, a camiño, e sobre todo a traballo.
Saúde Irmán!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis