Palabras de Amauta

Sunday, May 20, 2007

A DESFEITA QUE ESTÁ A CHEGAR (CARTA A IASSER ARAFAT)



Benquerido irmán,


Penso que na redención celéstica na que te situou o teu pobo, debe o ollar licuado das túas meniñas observar con pesadume o futuro en fite. Lembras agora no concurso dos deuses desaparecidos, o acedo po da medina en lume requecido pola inmensa tortura do muro israeliano? Ou as palabras sen dono que emitidas polo verbo de teu inzaban os pobos con varudos candullos de oliveira para mostrar con ira a loita inacabábel pola terra que é vosa e o berro dos laicos?


Lembras supoño, e laias co adverso ceo que se precipita nas cadeas ermas que ancoran os fillos de teu á terra que lles deu a historia e lles usurpou o demo. Lembras digo e non ceso, a soidade túa naquela e nestoutra batalla guiado polo brazo firme da munición repetitiva coa que guiaches as mil e unha vitorias.


Se cadra, irmán Yasser pai noso como o Miño, o cadoiro dos días aqueles de avanzar continuo chegou varado á desértica fronteira dos homes que non entenden (por cegos e orfos da luz do teu tocado e da túa extensa fereza) que non desexan o entendemento.


Poño por ti grande empeño no meu sentimento inda por lonxano propenso a escoitar as vitorias e laios do teu pobo. Dor, poño tamén, en sentindo a barbarie funesta e non-patriótica dos irmáns que depenican as balas entre as casas de Ienín e o ferro entrecruzado de dous odios que gorecen ao inimigo con novos folgos e pulo insuflado polos propios erros.


Fecho con temor e presto da túa resposta a carta que eiquí se acompaña. Non sen antes, irmán, deixar pranto de min cheo de raiba polo esplendor que te levaches alí lonxe onde a sabedoría de teu ser enxerga con forza e se fai máis ca nunca necesaria.


Saúde e Patria!


amautacastro@hotmail.com
Girona, 21/05/07

0 Comments:

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis