A DOBRE NACIÓN
Os nacionais dos pequenos países, os que o somos convencidamente, alén de carecermos de estado propio tamén non dispoñemos dun servizo de identidade talmente dito.
Das opcións máis subversivas, caso dos bascos que como non podía ser doutra forma optaron pola desobediencia máis directa (un pasaporte e unha cédula propia, recoñecidas por algúns estados); ás máis puramente sentimentais, caso dos Països Catalans. Un servizo de identificación unicamente simbólico pero socialmente estendido, o coñecido “Carnet Català”.
Do suceso galego pouco sabemos, hai quen fala de que hai anos Galiza Nova dispuxo un pasaporte nacional tirado dalgún prelo amigo. Non teño datos fiábeis sobre este fito.
Exemplos hai moitos: os pasaportes da Autoridade Nacional Palestina, as cédulas de identidade da Frente Polisario, etc. Todos eles documentos de viaxe e de identidade máis ou menos válidos segundo os casos e os lugares.
É por iso que vista a imposibilidade de dotarme dun documento nacional galego tiven que nacionalizarme catalán á espera de que se me outorgue a dobre nacionalidade, galego-catalá.
Un feito máis para sentirme incompleto. Eu sen mais, agradezo o xesto da miña nacionalización, se cadra o caso inverso sería imposíbel.
0 Comments:
Post a Comment
<< Home