Palabras de Amauta

Wednesday, September 08, 2010

HAYDARPASA



Esta fermosura é a estación de Haydarpasa, a porta aberta a Asia. Veleiquí os comezos decididos da Ruta da Seda e dos lares tapizados de alcatifas, sofrehs e kilims; do azul Iznik e da xoia inmortal de Esfahan feito praza en Naghsh-i Jahan e os camiños infindos e nómades dos oguz, e as noites en yurta que van de Samarkanda a Sahalin por terras onduladas.

Veleiquí dicía, un novo obxectivo non só da cámara coa que vou retratando os soños senón tamén dos proxectos persoais e impenitentemente viaxeiros. Falo porén, do inenarrábel Trans-Asia express, que a modo de desaparecido expreso de Oriente, percorre a longa distancia que separa a Estación de Haydarpasa en Kadiköy (Istanbul, lado asiático) até Tehran, diseccionando o Kurdistán e as alturas de Tabr Iz e que vai relambendo o Caspio para desembocar na morada de Zoroastro.

Fixo repito, os quilómetros viaxeiros do ano que chegue, para devalar entre a estepa e o territorio do Patriarca Supremo de Etchmiadzin ou as basílicas ortodoxas armenias disgregadas polo estigma-Cáucaso. E se callar tamén, un punto onde non ter refuxio e peregrinar para sempre polo camiño mitolóxico e rebelde dos fuxidos.


Ti es o meu lar, a miña única riqueza...


Amauta Castro

Girona, 09/09/2010



0 Comments:

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis