Palabras de Amauta

Thursday, August 19, 2010

VENCEREDES VÓS



Desta volta, aillado en mil exilios, penso que non hai forma algunha de retorno que non sexa a propia liberación (persoal, social, nacional). Sei ben que non é un bo comezo para un post, e inda máis se levo un tempiño se lle dar ao teclado por estas latitudes...


Nas miñas peregrinacións polo mundo da música (neste caso ando a devalar pola música do oriente próximo), adoezo dunha especie de romanticismo transfigurado nas distantes terras do lonxe e do adeus.


Si, nesta semana sentinme novamente insultado por un compatriota ( e compañeiro de traballo) que me agasallou con isto. Após a continua catástrofe ecolóxica de cada verán, e que ten coma sempre o tinte escuro e cinsento dos intereses madereiros e de destrución do territorio, un pailán adicoume as súas humillacións en pleno centro de traballo. Si, un deses galegos que premia aos demais cos seus calotes de enaxenado, de sentinela da falacia fascista e do menosprezo máis cheirento.


Grazas por me lembrares o moito (mau) que deixei atrás.
Sempre en estado de exilio.

Amauta Castro
Girona, 19/08/10

amautacastro@hotmail.com

2 Comments:

At 6:41 AM, Blogger Antón Mixiriqueiro said...

Non vale a pena discutir con semellantes arrenegados. Que lles dean. Eles o perden. Ánimo e unha aperta

 
At 7:22 AM, Blogger amauta said...

é que é un pailán que arrinca sistematicamente todo o material do sindicato e amais, pon no seu lugar artigos estupidos do ABC, etc.
Creo que de cando en vez é bo lembrar por que nos van as cousas asi...Un chisco de realidade, namais

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis