Palabras de Amauta

Sunday, June 27, 2010

BERLíN, LOIS PEREIRO E NÓS



Resulta que quer, e quer ben, a RAG que coincidamos Lois Pereiro e mais eu en tempos diferentes. E digo tempos diferentes, porque nesta semana na que se fixo público que o vindeiro ano 2011 haberá un Día das Letras moi PUNK, partimos Ada e mais eu para o Berlin de Lois Pereiro.

Un lugar de muros e pintadas, onde se contén (visibel ou non) a poesía libertaria e de baixos fondos deste outro bardo que non tivo probabelmente un séquito numeroso pero que conta en min cun dos seus máis afoutados seguidores.

Nós, que precisamos a fuxida coma quen precisa o café das mañás e que poñemos os nosos esforzos no peregrinar dos sitios e das sensacións, atopamos nesta nova etapa do camiño unha razón de máis para agrandalo. Pois pode que o propio Lois Pereiro, doente da viaxe que diría Matsuo Basho, deixo de ser no físico para trasnoitar no perenne, e seguir a poñer fluídos románticos e acupuntura para desherdados.


Deica a vindeira. Partimos cara Berlin


Amauta Castro

Girona 27/06/10





2 Comments:

At 10:49 AM, Blogger Antón Mixiriqueiro said...

Boa viaxe a cidade máis punk da Europa! Non perdas o barrio de Mitte, agora a Disneylandia dos pseudoanarquistas, antano refuxio dun dos nosos, Lois Pereiro !
Saúdos libertarios !!

 
At 1:49 PM, Blogger amauta said...

Lisco este xoves de madrugada...Tomo nota, imos na percura de muitas cousas.
Graffittis, Bertoldt Brecht, Gudrun Ensslin, RW. Fassbinder, ...e tamén de Lois Pereiro.

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis