Palabras de Amauta

Wednesday, April 15, 2009

WOZ THAT?



A viaxe polo sul de Inglaterra foi grandemente produtiva. Alén de visitar a xeorxiana vila de Bath e as fontes druídicas de Glastonbury (resulta que tamén chegamos á Glastonbury Tor, como comentaba no anterior post), a viaxe deu un froito que non imaxinaba. Trátase do dialecto de Bristol, o coñecido como "Bistrolian", "Bristle" ou "Brizzle".


O primeiro contacto co bristoliano non foi de todo sinxelo, non vou negar a evidencia. Pero pouco a pouco afixen o ouvido co fermoso balbuciar das notas malencónicas da súa fermosa tonalidade labrega.

Os signos máis determinantes do bristoliano son o L terminal, que se agrega ao final das palabras rematadas en "o" ou "a". O uso de "to" no canto de "at", feito que tamén se produz no sul de Gales. E no emprego de pronomes masculinos "he/him" no canto de "it".


O resultado é unha peculiar forma de falar inglés que se veu popularizando noutros puntos de Inglaterra por ser considerado un dialecto moito menos afectado que o londinense cockney, que se identifica coas clases altas. O bristoliano é, en troques, a fala dos labregos do sul de Inglaterra, dos "farmers", e é por iso que o seu uso estendeuse cara outros falantes que pretenden falar dun xeito máis popular. Quer dicir, dos ranzos.

Eis algunhas expresións en bristoliano...

http://www.bbc.co.uk/bristol/content/madeinbristol/culture/b.shtml


Amauta Castro
Girona, 15/04/09

amautacastro@hotmail.com

0 Comments:

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis