Palabras de Amauta

Sunday, April 05, 2009

TENTAREI CHEGAR...


We Poets in our youth begin in gladness;
But thereof comes in the end despondency and madness.

"Resolution and Independence"William Wordsworth

Ando nestes días enleado nunhas traducións que en pouco tempo agardo que saian a luz. A verdade é que nunca me atrevera a tan complicado entretemento, pero as miñas melloras nalgunha ou nalgunhas linguas penso son propicios para eu encentar este novo empeño.

Se a alguén lle debo a miña pericia cos idiomas é a meus pais que nunca deixaron de inculcarme a necesidade de intercomunicación entre pobos. Tamén a Ada que convive con ducias de libros tirados polo chan e dicionarios abertos e notas tomadas en calquera marxe e...

E tamén a quen coas súas palabras me animou a botarme a andar con estas cousas ( e pode que el nin sequer o saiba), e foi literalmente así.

Nesta semana Ada e mais eu volvemos ás Illas Birtánicas. Que as palabras de Chatterton e Wordsworth guíen os nosos anceios de coñecemento. Só agardo poder chegar a aquí.

Amauta Castro
Girona, 05/04/09

4 Comments:

At 7:41 AM, Blogger Antón Mixiriqueiro said...

Carallo meu !! Agardo que che preste tan fermoso lugar. Eu polo de agora, pasarei istes días de lecer noutro Tor, iste nas Terras de Lemos, na aldea do meu pai, San Xillao de TOR (que tamén quere dicir segundo os estudosos, lugar alto, outeiro elevado, lugar ergueito). Curiosa coincidencia... Un saúdo !!

 
At 10:10 AM, Blogger amauta said...

Pois ben, nós partiremos nun par de días.

San Xillao é unha variante de Xiao/Xián?? é o mesmo nome?? Agora teño curiosidade!

Saúde e que vaia ben!

 
At 10:49 AM, Blogger Antón Mixiriqueiro said...

Así é. En toda a Comarca de Lemos fanse servir Xillao e Xián e tamén polas terras de Sarria (incluso cheguei a sentilo por Castro Caldelas, xa en Ourense ). Máis non nos enganemos, se perguntas ao chegar a Monforte onde está San Xillao corres o risco de non chegar nunca. Iso sí se perguntas por San Julián chegarás seguro. Xa sabes, as nosas miserias coma pobo. Xa que estamos, máis información ; se algún día pasades por alá non deixedes de visitar o Pazo de Tor, unha maravilla da fidalguia do século XIX con un interesante labirinto de pedra do século XV.

Un saúdo e que preste !!!

 
At 1:26 PM, Blogger amauta said...

Agradecido, toda unha lección! De miserias mellor non falar...

Saúde!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis