Palabras de Amauta

Tuesday, August 26, 2008

ARXINA, FALA DOS CANTEIROS



Vaia esta composición escrita a dous burís co repiquete dos arxinas e máis coa lingua de noso para todos os ineteresados no arxina. A composición é obra de Xosé Luís Santos Cabanas, e foi incluida no nº 31 de Dorna (número no que teño a honra de participar). Destaco este poema entre outros pola mensaxe e pola teima gremial das súas palabras. Louvo tamén a tarefa do autor e mais a adicatoria. Queda dito, con Constante Liste, que non poucos foron os canteiros que loitaron con audacia contra a xeira corrupta, glotófaga e cavernícola que veu tralo 36. Que alento das nosas ánimas exerza o oficio de Asorei co agarimo das rochas entre as mans.

A Constante Liste, arxina xido e Vedello Bate de Teo, estafado no luceiro do estafamorio de 1936

A Constante Liste, canteiro bo e Tenente de Alcalde de Teo, asasinado no ano da morte de 1936

Caifós escainaron coma lumias acalmadas por escurias dangres
reloxos racharon coma farois golpeados por mazas grandes
Oreta degranxoi repula escarriou no mouto e nende goreaba
auga moi fría naceu no monte e non cantaba
Nende se entalxía xambrear a oreta repula no mouto de raula
non se escoitaba escorrer a auga fría no monte escuro
Samarúa abatida da toa estafeira xarou a oreta repula que escarriouo no mouto de raula
compañeira silandeira da túa morte foi a auga fría que naceu no monte escuro
Trefes coma pacheseadeiras clavucidas en vixos de purria xurufe
ruíns coma agullas espetadas en ollos de muller bonita
Aghives xaraban os ghruños nende-xilóns que te estafaron
así eran os porcos non-homes que te mataron
Nende-xilóns que abismaban de ñurre
Non-homes que miraban de esguello
Trefes xaraban coma cermión trefe de chacurros do mouto estafados
Ruíns eran coma unto ruín de cans do monte mortos
Enxameas de cutidarras aferpeladas de verdeo dos samarúas más xidos
enxeñeiros de navallas vestidas de sangue dos compañeiros mellores
Llastían escainas nas soas galrúas e verdearon richivaus en raulas de nusca
levaban mentiras nas súas bocas e ensanguentaron ventos en noites de lúa
Imes encatifo cara vobis orifos de areón dangres corruñindo as vosas ganchas tefes
eu boto cara a vós ouriños de boi grande lembrando as vosas mans ruíns
Samarúa xido xara o papiloso ou arría de arxina para corruñir o conxeleme do Ameneiro
compañeiro bo é o papel ou pedra de canteiro para lembrar o concelleiro de Amaneiro
Trefes motos catrolos tufaneiros abarcados de xanxonas de estafeira ñurre galrúo
ruíns carneiros maliciosos escopeteiros preñados de moscas da morte esconxuro
Encatifo aquives oreta dos imes vixos no curruño do arxina xompaina que estafaron bixairos
boto aquí auga dos meus ollos na lembranza do canteiro compañeiro que mataron homes covardes

de Xosé Luís Santos Cabanas (poeta galego), poema incluido na Revista Dorna (expresión poética galega) nº 31


Amauta Castro
Girona, 26/08/08

amautacastro@hotmail.com

2 Comments:

At 1:52 PM, Blogger paideleo said...

Gustoume muito.

 
At 9:08 AM, Blogger amauta said...

Home, agradécese a súa visita!

un Saudo!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis