Palabras de Amauta

Wednesday, November 03, 2010

KAIROUÁN



O nómade abrazou
o vento do deserto
coma un recén nacido.
Esa era a súa casa.

Lino Braxe, O sangue dos árabes

Se cadra para continuar nese estado de tránsito que tento aprezamos, Ada e mais eu abrirémonos paso entre os mercados, as areas e os palmeirais da mediterránea Túnez.

Con nós, a espranza do cativo que pescuda nas fontes da medina de Kairouán e o azul berberisco dos ventos que proveñen do Formentor, e a hammada misteriosa que avanza en oposición ao sedentarismo obsceno de Occidente.


Somentes agardo que teñamos a sorte do xasmín...


Amauta Castro
Girona, 03/110/10

3 Comments:

At 12:23 AM, Anonymous FERNANDO SANCHO said...

Felicítote por este Haiku
Fermosa imaxe.
Son aficionado a poesía e de vez en cando tamén fago algún que outro Haiku
Grazas

 
At 1:50 PM, Blogger amauta said...

Pois obrigadisimo, acabo de chegar de Túnez hai unhas horas, pero prometo botar un ollo á túa bitácora.
grazas!

 
At 1:50 PM, Blogger amauta said...

Pois obrigadisimo, acabo de chegar de Túnez hai unhas horas, pero prometo botar un ollo á túa bitácora.
grazas!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis