SE EUSEBIO LORENZO VOLVERA ÁS ILLAS...
E assentado entre as formas incompletas
Para sempre fiquei pálido e triste.
Antero de Quental
AS FORMAS DA AUSENCIA
No fondo dos vellos vasos
espéranos o destino.
Apuremos a despedida pois a tarde
vai mudar grises cores no cabelo
pedindo morte en ti.
Que o camiño que nos mire non desexe
a viaxe doutros homes.
Cantos ollan a rosa nesta hora
esquecen o misterio do oriol,
soamente o devalo lento dos laúdes
rende contas do certo e do imposíbel.
Eusebio Lorenzo Baleirón (poeta galego)
Da banda de Laíño, pode un poeta reflectir nomes de badaladas e ser foula a proxectar a presencia da poesía no negro decaer da vida. Desde aquí, para o vello Eusebio, Sinbad recluído nun mundo de soños no país de Bolanda, a espranza das árbores secas e do outono. Palabras para días non esquecidos malia a cinsa arruinada das fragas.
Amauta Castro
Girona, 2/09/06
1 Comments:
o vello amigo continua argallando o xeito de engaiolar aos curiosos, e abofé que o consegue :)
Leo todo o que escribes con interese malia non facer case que comentarios.
Espero vervos en Decembro, a miña estadia na terra de mordor toca ao seu fin e se non é en Outubro será en Decembro. Por certo que vou facer o semana que vén unha proba de nivel da lingua coa que agasallamos a Lusitania =_=
É certo, cae xa outro gris Outono e o castiñeiro botará de menos as follas que levou o vento.Esperamos vervos como el espera á próxima Primavera.
Saudos caums :) Brais
Post a Comment
<< Home