ARA POESIA: II TROBADA DE POETES DELS PAÏSOS CATALANS
Todo
como quen transita a vida baixo unha pérgola
de roseiras e madresilvas
como quen compón coa cítola pentagramas
en ámbar ou pedras corais
Pero debo manterme afastado das flores
dos extensos colares e os nenúfares
das augas estancas
e nin sementar palabras para que sobre a eira
trunfe o liviano desengano
nin pintar paisaxes aéreas para que entre a frouma
agrome o despótico
Pero debo manterme afastado das flores
Sempre que me vexo tentado pola posibilidade de mancomunar os esforzos verbais da acción poética, acabo fondamente preocupado. Síntome particularmente afastado por decepción cara aos poetas de oficio, por decisión propia. A poesía é un ser vivo, poliédrico, material; que eu concibo desde o exercicio da vontade de existencia colectiva.
Idea: reapropiarnos da linguaxe rexeitando a lírica sen sentido nin significación. Unha linguaxe poética para alén dos consensos.
Amauta Castro
II Trobada de Poetes dels Països Catalans (Girona) 16/09/06
0 Comments:
Post a Comment
<< Home