Palabras de Amauta

Saturday, September 23, 2006

SOWETO RIOTS – PARÍS 2006



Recuperar os días natais da periferia é Bolívar
ou Agostinho Neto poético
intérprete do zoar do ábrego na embondeira
Recuperar
a forza centrípeta das viaxes é destapar as lousas de Bonaval
e sulcar coas unllas os regos abertos de Lacandonia
vértice do indixenismo onde Abd el Krim dirixe a resistencia
onde esqueletes de coches fumegan rapsodias de Cheb Khaled
aló
Place de la Republique Marsella de Ben Bela
combatentes modelo hip-hop
xefes militares de Cartago elefantes
ebúrneos con lingua de lume negro
Sentide Die Bien Phu revertindo contra a próspera República
Washington 1963 unha outra intifada antirracista
balas contra o apartheid (Lanzas da Nación sexan azas dun continente á perspectiva dos barcos no solpor e o territorio verde da hipérbole
chamada Soweto)

Veleiquí o grande préstamo global
colores na difícil viaxe dos encontros


“Un sistema capitalista en expansión precisa de toda a forza de traballo necesaria ao menor coste de producción”
Immanuel Wallerstein

O racismo, entendido como unha deshumanización e obxectualización dos suxeitos raciais oprimidos, é un fenómeno social total, transnacional e interclasista. Un fenómeno que se atopa inscrito en prácticas de explotación, humillación, e nos discursos que lexitiman as políticas de exclusión de colectivos étnicos determinados.

Nembargantes, na era da globalización capitalista (eido no que calquera cousa devén mercadoria), practícase un racismo sen razas, herdeiro das descolonización do antigo espectro imperial, e que se fundamenta en conviccións falsamente cultas, fomentadas polos intelectuais orgánicos do Estado. Un racismo sociolóxico, que populariza a idiotez, que descategoriza ás comunidades migradas intercambiándoas por unha problemática infundada de “invasións” e falsas conflitividades. Un novo racismo que actua de profilaxe da sociedade hexemónica, racionalizando a barbarie.

Amauta Castro
Girona, 19/09/06

0 Comments:

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis